sábado, 23 de novembro de 2019

RULETA DE PRAXIAS


  Nesta ocasión traballamos as praxias dun xeito diferente, empregando a ruleta!!! Tocaba xirala e imitar a praxia que tocase, non só o/a neno/a que xirase a ruleta senón todo o grupo-clase:

xoves, 17 de outubro de 2019

RULETA: CAMPOS SEMÁNTICOS

   Esta semana estamos a realizar un xogo coa ruleta. Nela pegamos debuxos de diferentes campos semánticos: medios de transporte, profesións, instrumentos musicais... O xogo consiste en xirar a ruleta e nomear unha palabra do campo semántico que nos toque. Se caemos na casilla que ten o símbolo "X2" tiramos dúas veces:



XOGO DE ATENCIÓN

   Para traballar a atención realizamos este novo xogo, similar ó "Lince", no que teñen que fixarse nos diferentes debuxos do taboleiro. Sacamos un debuxo dun saquiño e vemos quen o atopa antes:



xoves, 13 de xuño de 2019

MUIÑOS DE VENTO

   Como agasallo de fin de curso elaboramos uns muiños de vento. Primeiro cada neno/a coloreou o seu:



E unha vez montados, este foi o resultado:





BO VERÁN!!!!!

TALLER SENSORIAL: XORDEIRA


No taller de xordeira explicamos cómo funciona o oído para logo mencionar diferentes axudas que se poden empregar como o audífono e o implante coclear. Para poñernos no lugar dunha persoa xorda visionamos un conto sen son e cómo, deste xeito, non entendemos nada, falamos dos subtítulos e da lingua de signos como axudas. Comprobamos cómo poden percibir as vibracións dos sons mediante o tacto empregando o móvil no que puxemos unha canción e percibimos o movemento nos altavoces. E aprendimos varios aspectos da súa vida diaria como espertadores con luz ou sistemas para os timbres.
Coñecimos o sistema dactilolóxico que empregan para os nomes e para rematar vimos varios videos en lingua de signos para aprender a nomear animais, froitas, medios de transporte:


domingo, 7 de abril de 2019

TALLER SENSORIAL: CEGUEIRA

   Esta semana levouse a cabo nas escolas do CRA un taller sensorial sobre a cegueira:


Palabra secreta

   Xogo similar ó aforcado, en lugar dunha palabra debuxamos na pizarra varias liñas (unha por letra que conteña). Para adiviñar cal é a palabra secreta iremos dando pistas para ir adiviñando cada letra que forma a palabra:


Saco de letras

   Nesta ocasión enchimos un saquiño con letras manipulables. Cada alumno/a saía a meter a man nel e coller unha letra. Coa que lle tocase tiña que pensar unha palabra:


domingo, 24 de marzo de 2019

Scattergories

  Este xogo, similar ó Scattergories, consiste en formar dous ou tres equipos. En cada un hai un/unha capitán/a responsable de ir escribindo e o resto axuda a pensar palabras. Cales? Pois as do campo semántico que corresponda e que comecen pola letra elexida. Por exemplo: si teñen que escribir froitas, animais ou bebidas que comecen pola L éstas poderían ser limón, lobo, leite...anotando todas as que se lles ocorran antes de que sone a campá.




Aforcado

   Un xogo que lles gustou moito e no que traballamos o vocabulario é o aforcado.



Ordear secuencias temporais

   Primeiro observamos os catro debuxos que aparecían na pizarra para logo escribir debaixo os números do 1 ó 4 en función de cal era o primeiro, o segundo... ordeando  así cada un deles e explicando porqué.

xoves, 7 de marzo de 2019

Xogamos a contar as sílabas

   Neste xogo, visionamos na PDI varias láminas nas que hai que atopar e rodear debuxos de unha, dúas, tres ou catro sílabas según corresponda. Para averiguar qué debuxos rodear nomeábamos as palabras con palmadas, vendo así cantas dabamos, p.ex: ca-ba-lo (3 palmadas-sílabas):






Absurdos

   Tamén visionamos unha serie de imaxes absurdas na PDI para traballar o razoamento e que dixeran qué é o que estaba mal e porqué.




Cuentos para hablar

  Hoxe levamos a cabo un conto vivenciado, de Juan Carlos Arriaza Mayas, no que a medida que se vai lendo o conto teñen que ir participando nel, por exemplo soprando, facendo praxias....

xoves, 28 de febreiro de 2019

Tabú

  Nesta ocasión, collen unha tarxeta na que hai escrita unha palabra. Dita palabra está prohibida decila polo que para que o resto de compañeiros adiviñen de qué palabra se trata, o neno que ten a tarxeta debe decir palabras relacionadas. Por exemplo: si a palabra a adiviñar é "lágrima" poden decir auga, ollos... Si é "tesouro" poden decir illa, cofre, piratas...




Un minuto

   Neste xogo, un neno colle unha tarxeta e nun minuto debe emitir todas as palabras que se lle ocorran dese campo semántico, sen repetilas. Por exemplo: se lle toca decir froitas (mazá, plátano, pera, sandía...), se lle tocan bebidas (zume, auga, leite, viño...) ou se lle tocan prendas de roupa (chaqueta, pantalón, saia...):





Entroido


Diferencias

   Un xogo sinxello á par que divertido có que traballar a atención é atopar diferencias entre dous debuxos polo que o fixemos na PDI e cada neno/a saía a rodear unha delas.





xoves, 21 de febreiro de 2019

Don listillo

   Neste xogo debemos coller unha tarxeta e enumerar o que nos pide Don Listillo, por exemplo: "Di 3 animais que comen herba", "Di 4 aparatos que se enchufan" ou " Di 5 cousas que teñen rodas":




Formación de frases

   Có programa Notebook para a pizarra dixital elaboramos un xogo no que hai tres dados que ó tocalos se moven e neles aparecen diferentes debuxos cós que temos que construir frases:





Qué está equivocado? y ¿qué le falta?

   Có material "Qué está equivocado/qué le falta" da editorial CEPE xogamos a atopar os erros nos debuxos e decir precisamente iso, o que está mal ou o que lle falta:


Trabalinguas de animais


   Probamos a repetir algúns trabalinguas e saíron moi ben!!



venres, 15 de febreiro de 2019

Verdadeiro ou falso

   Elaboramos dous carteis, un no que poña verdadeiro e no outro falso. De un en un, irán saíndo a coller unha tarxeta, para unha vez leída, decidir si o que pon nela é verdadeiro ou falso.



Adiviñas

   Adiviñas en formato notebook. Primeiro pensan de qué se pode tratar e logo moven a figura xeométrica para comprobar se detrás dela se agocha o debuxo da resposta que supoñen.

Xogo do teléfono avariado

  Colocados 4 ou 5 nenos/as en fila pola clase, e separados entre si, contámoslles que o noso teléfono está avariado e necesitamos darlle unha mensaxe ó ultimo desa fila. Deste xeito iranse pasando dita mensaxe ó oido de uns a outros ata que lle chegue ó primeiro, comprobando si é esa a mensaxe que lle queriamos entregar ou foi "modificada".


Buscamos rimas

   Seguindo coas rimas fixemos un xogo no que tiñan que observar, e nomear, o debuxo superior para logo rodear o inferior que rimase con el. Por exemplo: luna-cuna




venres, 8 de febreiro de 2019

Recordar lotos

   Vanse colocando 3, 4 ou 5 lotos a cada neno en función da súa idade. Deixamos que os miren e recorden. Logo tapámolos para que digan qué era o que había en cada debuxo:



Discriminación s-z

  Colócanse dúas cartolinas na pizarra, una có son S e outra có Z. De un en un van saíndo a coller un debuxo, denominalo e pensar se ten S ou Z, colocándoo diante da cartolina correspondente:





discriminación auditiva: sons do corpo


xoves, 31 de xaneiro de 2019

XOGO DO ZOO

   Collemos varios lotos de animais e ímolos repartindo pola clase á vez que llos amosamos. Colocámolos boca abaixo para que non os vexan. O último paso é chamar a alguén e pedirlle que lle vaia botar p.ex: carne ó león ou herba á xirafa, deste xeito teñen que recordar donde se atopa cada un:


BINGO DE RIMAS

   Repartimos os cartóns e nun saquiño temos outros debuxos que riman cós do cartón. Así, cando sacamos un teñen que pensar con cal rima (por exemplo: lana-rana, pato-gato) e o neno que o teña ponlle un anaco de plastilina enriba.



xogo de sopro

   Para este xogo precisamos uns pompóns, unha pelota de ping-pong e unha oveira. Pintamos os ocos da oveira coas cores dos pompóns (dous de cada cor). O xogo consiste en meter a man na bolsa dos pompóns e coller un (sen mirar). Así, por exemplo, se nos sae a cor verde, temos que levar a pelota dun oco verde ó outro mediante o sopro: