xoves, 31 de xaneiro de 2019

XOGO DO ZOO

   Collemos varios lotos de animais e ímolos repartindo pola clase á vez que llos amosamos. Colocámolos boca abaixo para que non os vexan. O último paso é chamar a alguén e pedirlle que lle vaia botar p.ex: carne ó león ou herba á xirafa, deste xeito teñen que recordar donde se atopa cada un:


BINGO DE RIMAS

   Repartimos os cartóns e nun saquiño temos outros debuxos que riman cós do cartón. Así, cando sacamos un teñen que pensar con cal rima (por exemplo: lana-rana, pato-gato) e o neno que o teña ponlle un anaco de plastilina enriba.



xogo de sopro

   Para este xogo precisamos uns pompóns, unha pelota de ping-pong e unha oveira. Pintamos os ocos da oveira coas cores dos pompóns (dous de cada cor). O xogo consiste en meter a man na bolsa dos pompóns e coller un (sen mirar). Así, por exemplo, se nos sae a cor verde, temos que levar a pelota dun oco verde ó outro mediante o sopro:



venres, 25 de xaneiro de 2019

TEATRO DE CARTÓN

   Cunha caixa de cartón, que recortamos e pintamos, elaboramos un teatro e cuns depresores de cores montamos as marionetas que farán de personaxes. Como temos moitas, cada vez que actuemos poderemos escoller outras que non usaramos para inventar moitos contos diferentes.







XOGO DE PERCEPCIÓN TÁCTIL

   Para traballar a percepción táctil basta cun saquiño no que meteremos diferentes obxetos. Pedimos a un/unha neno/a si se atreve a meter a man a ver se adiviña qué é o que está a tocar. Debe decir o que pensa que é antes de sacar a man e amosalo:


 






sábado, 19 de xaneiro de 2019

PASAPALABRA



Xogo de campos semánticos

   Fanse dous ou tres equipos. Cada equipo escolle un loto, sen mirar, e ten que decir palabras do campo semántico que lle tocara (animais da selva, animais da granxa, froitas, prendas de roupa, títulos de contos...). O equipo que se equivoque ou repita unha palabra queda eliminado. Ah, e só pode falar o equipo que teña o peluche.


Adiviñar accións

   Pegamos na pizarra unha lámina dos Lotos Fonéticos (que representan diferentes accións). Colocamos preto as láminas pequenas. Chamamos a algún neno para que colla unha lámina pequena e imite a acción do debuxo que lle tocou. Quen o adiviñe sae a representar accións.



sábado, 12 de xaneiro de 2019

Qué teño na cabeza?

   Neste xogo pegaremos con un anaco de celo un debuxo dun animal na frente dun neno, sin que éste o vexa. Así, ten que adiviñar de qué animal se trata facendo preguntas do tipo: "¿Vive na granxa?, ¿Ten pico?, ¿Come herba?,...."
   Os demáis só poden responder SI ouNON, e si así non o adiviña pode pedir pistas a outro compañeiro:



CUBOS PARA FORMAR FRASES

   Neste caso, entréganselle ós nenos varios cubos con debuxos de unha personaxe, unha acción e de varios obxetos. En primer lugar deben lanzalos para ver qué debuxos lles tocan, logo ordealos e decir a frase correspondente, puidendo ser unha frase "chirivi":




Representacións

   Este xogo consiste en levar a cabo dramatizacións de diferentes oficios ou situacións diarias. Así, un alumno fará por exemplo de dentista e outro de paciente, de perruqueira e clienta, de veterinario e paciente ou, como na foto, de policía e conductor multado: