luns, 15 de xuño de 2020

POMPEIROS CASEIROS

   E chegou a derradeira semana do curso, na que imos elaborar un xogo de sopro que no caso de ter clases presenciais levaríamos para casa.
   Nesta ocasión trátase de crear os nosos pompeiros caseiros, un xogo moi axeitado para o verán e que ós/ás pequenos/as vailles encantar. 
   Pódense facer de múltiples formas así que subirei 3 opcións para que elixades a que prefirades. As tres foron comprobadas e funcionan 😏.

   - A primeira consiste en elaborar os pompeiros con "limpapipas" ou na súa falta, arames:



- A segunda é moi doada, recortar a parte superior dunha botella de prástico, preferiblemente pequena, e mollala na mezcla de auga e xabón:



- E a terceira trátase de unir un grupo de canas para que deste xeito se formen múltiples pompas:


   
   Unha vez teñades feito o pompeiro tan só queda elaborar a mezcla de auga e xabón de lavavaixelas, cunha proporción de 3 partes de auga por unha de xabón...

...E A DESFRUTALO!!! 

BO VERÁN!!


luns, 8 de xuño de 2020

SEMANA DO 8 AO 12 DE XUÑO

   Si estivesemos a dar clases presenciais sería o alumnado o que escollería os xogos a realizar nesta semana. Así, en cada escola levaríanse a cabo os xogos que eles/elas escolleran, os seus favoritos de todos os desenvoltos ó longo do curso.
   
    Dado que esta opción non é posible, escollín 3 novos xogos:

- O primeiro atopámolo na páxina Orientación Andújar para traballar a atención e o razoamento indicando os intrusos. Deberemos observar cada fila de debuxos e decir cal deles sobra, é decir, cal non debería estar e porqué.


- O segundo consiste en descifrar unhas mensaxes ocultas, anotando a primeira sílaba de cada palabra, un recurso de Eugenia Romero da páxina Maestros de audición y lenguaje:


- E por último, xa que estamos a piques de comezar as vacacións, imos ir á praia para traballar a conciencia fonolóxica e silábica da man do blogue Crisálida-ayl:




luns, 1 de xuño de 2020

SEMANA DO 1 AO 5 DE XUÑO

   Nesta ocasión faremos catro actividades xa que son curtiñas. En primeiro lugar, unha actividade de relaxación de cuello e cara de Eugenia Romero:


   Seguiremos cun xogo moi doado á vez que entretido, similar ó Pictionary. Consiste en coller un debuxo, que tan só verá a persoa á que lle toque debuxar,  e comezar a debuxalo para que o resto de xogadores adiviñen qué é o que estamos a pintar. Podedes  realizalo con calquer debuxo que teñades, de animais ou de diferentes obxetos, ou mesmo debuxalos vós mesmos, senón podedes descargar os que colgo aquí:


   Outro xogo sinxelo é o "saquiño misterioso" có que traballaremos a percepción táctil. Para realizalo tan só deberemos meter nun saquiño, unha caixa ou calquer outro recipiente que non deixe ver o que contén, diversos obxetos pequenos que teñamos pola casa (por exemplo: unha pinza da roupa, unha goma de borrar, unhas figuriñas pequenas...). Unha vez teñamos uns cuantos obxetos recopilados é o momento de meter a man e, mediante o tacto, sin mirar, deberemos adiviñar de qué se trata.


   E por último, poderemos facer outra actividade interactiva do blogue Crisálida-ayl, nesta ocasión para traballar o vocabulario, a clasificación e memoria a través dos medios de transporte: