domingo, 31 de xaneiro de 2021

ACTIVIDADE INTERACTIVA

 Con esta actividade interactiva do blogue Crisalida_ayl poderedes traballar a comprensión. 



ACTIVIDADE DE CONCIENCIA FONOLÓXICA

 Aquí vos deixo unha actividade para traballar a conciencia fonolóxica da páxina Orientación Andújar. Consiste en elexir de entre os 3 debuxos inferiores cal comeza polo mismo son que o debuxo central que serve de modelo.



Ruleta para formar frases

 No blogue Siembra estrellas atopamos esta actividade coa que poderemos formar frases variadas. Logo de descargala iremos pulsando os botóns vermellos para que xiren e paren de xirar e así ir creando as oracións cos debuxos que saian elexidos en cada ruleta, habendo un suxeto (personaxe), un verbo (acción) e un complemento. 


sábado, 16 de xaneiro de 2021

ACTIVIDADE INTERACTIVA

   No blogue "Audición y lenguaje is coming" atópase esta actividade interactiva coa que traballar a discriminación S-Z:





ATENCIÓN E CONCIENCIA FONOLÓXICA

   Na páxina de Arasaac atopamos: 
  
    - Un xogo para traballar a atención e no que deberemos seleccionar o animal que se atopa nos dous cadros:



     - E un xogo de conciencia fonolóxica no que deberemos descifrar a primeiro son (letra) de cada debuxo para coñecer a palabra oculta: