martes, 6 de decembro de 2022

Actividades de Ainara

  A pasada semana, Ainara, mestra de prácticas, levou a cabo o programa de estimulación da linguaxe oral en todas as escolas do CRA, preparando tres actividades con temática navideña coas que traballar diferentes obxetivos e que nos gustaron moito!!!.

- A primeira, de atención, consistiu en decorar o noso árbol de nadal pero non de calqueira maneira. Unha vez postos  polo chan varios obxetos decorativos (campás, calcetíns, estrelas...) todos eles diferentes entre sí, tiñamos que atopar o obxeto que pedise Ainara, por exemplo: unha bola azul con corazóns vermellos, para seguidamente collela e colocala na árbore:

- En segundo lugar realizamos un xogo de sopro, no que había que tirar os bolos de Papa Noel empregando unha "bola de neve":

- E finalmente xogamos na Pantalla Dixital cun Genially de conciencia fonolóxica elaborado por Ainara no que había que axudar a Papa Noel a encher os sacos porque nestas datas ten moito traballo. Así, tiñamos que meter nos sacos os xoguetes que comezasen pola letra que aparecese no mesmo, é decir, no saco que tiña unha T metemos un tren, un tambor...

Podedes realizar esta actividade dixital pinchando na imaxe ou no enlace: 




Ningún comentario:

Publicar un comentario