venres, 23 de novembro de 2018

O conto "Chiriví"

  Esta actividade consiste en contarlles un conto e teñen que estar moi atentos porque unha vez rematado volveremos a contalo pero esta vez con erros.

venres, 16 de novembro de 2018

Quen é quen?

  Este xogo clásico adaptámolo para a PDI. Con el traballamos a atención, a lóxica e por suposto as descripcións.
  Xogan por parellas, un/unha colle unha foto e outro/a sae á pizarra para facer preguntas e adiviñar así qué foto ten o seu compañeiro/a, xirando @s personaxes que vaian quedando eliminadas:



Memori das rimas

   Con este material, consistente en varias parellas de palabras que riman, levamos a cabo dous xogos. O primeiro consistiu en xogar ó Memory atopando as parellas e aprendendo as rimas:

   E o segundo xogo consistiu en coller un debuxo (sen miralo) e decir unha palabra que rime có debuxo que nos tocou: