sábado, 8 de febreiro de 2020

¿CAL CAMBIOU?

   Este xogo foi pensado para traballar a memoria e o vocabulario. Consiste en amosarlle a un/unha alumn@ 3, 4 ou 5 debuxos (dependendo da súa idade). Unha vez que os nomeou o os mirou un anaquiño, outr@ nen@ toca un dado da pizarra e así cambia un debuxo mentres o/a que os estivo a mirar xírase ou tapa os ollos. De ahí o título do xogo xa que hai que adiviñar qué debuxo cambiou, cal non estaba antes!


domingo, 26 de xaneiro de 2020

XOGO CON MATERIAL DE REFUGALLO: O VEXO-VEXO

   Esta semana estivemos a facer un xogo que coñecen todos os nosos alumnos/as, o xogo do vexo-vexo, pero dun xeito diferente, con material reutilizado.
   Collimos una botella de prástico e nela metimos varios obxetos pequenos. Logo enchémola de arroz. Deste xeito, de un en un, deben ir xirando a botella á vez que nombran un deses obxetos pero sen repetir ningún:


   Tamén o curso pasado levamos a cabo xogos empregando materiais ós que lles dimos un novo uso:

                                   Pipas de sopro con botellas e canas de prástico. 


E soplar unha pelota por unha oveira con cores.

   No resto deste curso continuaremos elaborando máis xogos con este tipo de materiais.

Xogo de campos semánticos

   Un xogo novo para traballar vocabulario é este elaborado para a PDI. Consiste en que cada alumno/a escolle un cadrado (campo semántico) e logo tira o dado. Deste xeito saberá qué ten que decir (animais mariños, froitas, cores, verduras...) e o número de palabras de dito tema: