sábado, 8 de febreiro de 2020

XOGO DE SOPRO CON MATERIAL DE REFUGALLO

   Inventamos un xogo reutilizando uns vasos de iogur. Primeiro fixémoslles un oco, logo pintámolos e finalmente pegámoslles enriba os números do 1 ó 6.
   O xogo consiste en darlles 3 intentos de sopro para meter unha pelota dentro dos vasos e así ir conseguindo puntos, tantos coma os números dos vasos onde entre a pelota (estando máis preto o número 1 e máis lonxe o 6):





PUZLE DE RECICLAXE

   Esta semana fixemos un xogo sobre a reciclaxe. Consiste en varios puzles có debuxo dos diferentes contedores, neste ocasión só o fixemos có de papel e cartón, envases e orgánico. 
   Collimos un saquiño e metimos nel as pezas que completaban ditos puzles e deste xeito, había que meter a man no saco, sacar un obxeto e, ademáis de nomealo, pensar en qué contedor se bota:




RULETA: DISCRIMINACIÓN S-Z

   Comezamos este xogo falando das diferenzas de son S e mailo Z. De cómo se emiten cada un deles e asignámoslle un animal a cada fonema. Ó S relacionámolo cunha serpe e ó Z cunha abella.
   Logo tocou xirar a ruleta para ver se nos tocaba unha palabra con S ou con Z e amosar a tarxeta correspondente: