venres, 3 de abril de 2020

ORIENTACIÓNS


   Para estimular a linguaxe podedes levar a cabo calquera das actividades que se foron colgando neste blogue, aínda que é certo que algunhas son máis sinxelas de realizar que outras.
    Por ese motivo achégovos algún material descargable para poder realizalos: 
                   - Construir marionetas cuns debuxos, que poden elaborar ou colorear os/as pequenos/as e logo pegalos en depresores, palliñas... para así poder inventar miles de contos diferentes, desde os clásicos de Carapuchiña e os tres porquiños ou novos contos improvisados:



                 - Cuns simples lotos pódense levar a cabo multitude de xogos como: coller un debuxo e dar pistas para adiviñar de qué se trata, falar por teléfono cun animal para adiviñar de cal se trata a través das pistas da conversa, formar unha frase con dous ou tres debuxos que collamos ou nomear un debuxo dando palmas, contando así as sílabas que o forman. 



- Outro xogo moi sinxelo é o de coller un loto e realizar xestos-accións para adiviñar de qué animal, instrumento musical, medio de transporte... se trata. Para realizalo podedes descargar este xogo de mímica de Eugenia Romero: 


             - O Pasapalabra online, que é un xogo que lles gusta moito e có que traballar vocabulario.
- E por suposto, todos os xogos de mesa que tendes na casa:
 Memories ou dominós



Puzles




venres, 13 de marzo de 2020

BOTELLAS COMELLONAS

   Transformamos catro botellas pegándolles uns ollos, facéndolles unha boca e colocándolles un número (do 1 ó 4). 
   Nun saquiño metimos varios debuxos de palabras monosílabas, bisílabas, trisílabas e tetrasílabas. Cada un/unha metía a man no saco e collía un debuxo, que tiña que nomear dando palmas e pensando así en qué botella meter o debuxo en función das sílabas que teñen. Por exemplo: mo-to (na botella 2), ca-ba-lo (na botella 3).



sábado, 7 de marzo de 2020

XOGO DE SOPRO: VERMES BAILÓNS

   Un dos xogos desta semana foi o de elaborar uns vermes bailóns que logo levamos para casa, un xogo moi sinxelo para practicar o sopro.
   Debuxámoslle ollos e puxémoslle o nome:


      E tan só faltaba comprobar que funcionara: 



   E por si queredes facelos na casa, aquí vos deixo un tutorial: