martes, 5 de abril de 2022

Xogo similar ao "Brainbox"

 Outro xogo que levamos a cabo para traballar a memoria e atención foi éste no que primeiro tiñamos que visualizar unha imaxe. Fixarnos moi ben en todos os detalles. Logo tirabamos un dado e tocaba respostar á pregunta correspondente ó número que saíse no dado. 

Pulsade na imaxe para descargalo: 




Ruleta da linguaxe

 Na páxina de Arasaac atopamos esta activade consistente en xirar a ruleta premendo no botón vermello e levar a cabo a acción que nos indique (facer unha rima, unha frase, unha historia corta...) có debuxo que nos apareza na parte esquerda: 




sábado, 12 de febreiro de 2022

Novas actividades dos talleres de linguaxe

    No blog Crisálida AyL atopamos unha nova actividade para traballar a conciencia fonolóxica así coma o vocabulario das prendas de roupa. Pinchade na imaxe para descargala:


   E para traballar as contrucións morfosintácticas levamos a cabo esta actividade do blog Siembra estrellas e que poderedes descargar pinchando na imaxe: