mércores, 12 de outubro de 2022
Ruletas Silábicas
Unha das actividades que fixemos esta semana foi unha da páxina Siembra estellas coa que traballar a conciencia silábica.
mércores, 5 de outubro de 2022
Xogo de asociacións
Un xogo sinxelo, pero có que traballar non só o razoamento senón tamén o vocabulario e a expresión, foi éste no que tiñamos que meter a man nun saco e coller un debuxo.
Logo de observalo e decir qué era dito debuxo, tiñamos que pensar con qué lámina estaría relacionado, pegalo ao seu carón e explicar porqué o colocamos ahí.
NOVO CURSO 2022-2023
Comezamos o curso realizando novos xogos cos que estimular a linguaxe oral.
O primeiro deles foi un xogo de sopro, dado que son dos que máis nos gustan e levabamos moito tempo sen poder realizalos.
A uns vasos de iogur cortóuselles unha "porta", pintáronse de negro e pegáronselles números. Logo collimos un dado grande e unha pelota.
Pois ben, o xogo foi moi sinxelo, tiñamos que tirar o dado e meter a pelota no número que saíra no dado, pero non coa man, soprando!!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)