Con este novo material traballamos os campos semánticos e a conciencia fonolóxica xa que unha carta indicaba qué era o que tiñamos que decir, do campo semántico que nos tocase, e outra carta o son polo que tiña que comezar, por exemplo: animal de granxa pola P.
sábado, 11 de febreiro de 2023
sábado, 28 de xaneiro de 2023
Día da paz
Con motivo do día da paz realizamos esta actividade, do blog Crisálida AyL, que nos permitiu traballar a conciencia fonolóxica, semántica así como o razoamento coa temática da paz.
Pinchade sobre a imaxe para descargala:
Rematada ésta, levamos a cabo un xogo para traballar a atención consistente en colocar no chan unha serie de tarxetas con animales mariños de cores variadas. Así, tiñamos que tirar os dados de formas ou de cores e ver quen atopaba por exemplo unha tarxeta con unha tartaruga, un peixe e un tiburón.
venres, 13 de xaneiro de 2023
Novos xogos á volta do Nadal
Comezamos o mes de xaneiro "cociñando" varias receitas duns cociñeiros tolos que non sabían dónde tiñan os ingredientes necesarios para elaboralas. Deste xeito traballamos a atención así como o vocabulario dos alimentos.
Por equipos había que axudar a atopar os ingredientes de cada cociñeiro. Unha vez os conseguíramos todos, tocaba metelos no forno e xa tiñamos o prato preparado para degustar.
Seguidamente traballamos a morfosintaxe cun matreial que lles gustou moito. Tiñamos que xirar a ruleta e coller tantas tarxetas como nos indicase. Logo tocaba colocalas na orde que quixeramos e inventar un pequeno conto con todas elas.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)