venres, 16 de xuño de 2023

Pipas de sopro

    Neste último taller do curso foi o alumnado o que elexiu os xogos a realizar, aqueles que máis lles gustaron ao longo do curso. O favorito en todas as escolas foi o de falar por teléfono e logo algún outro como as marionetas ou os cociñeiros tolos. 

   Unha vez rematada a sesión repartimos as pipas de sopro elaboradas coas botellas de auga que trouxeron da casa. Encantáronlles!!!



BO VERÁN!!!

DESFRUTADE AS VACACIÓNS!!!


 

venres, 2 de xuño de 2023

"Matasuegras"

   Nesta semana fixemos o Brainbox, un xogo de memoria e atención no que primeiro tiñan que observar unha lámina para logo tapala e respostar preguntas sobre ela:
  E para rematar levamos para casa os nosos "matasuegras":



 

venres, 28 de abril de 2023

Vermes bailóns

    Ademáis dunha actividade de discriminación auditiva e outra de comprensión oral de frases, fixemos un xogo de sopro que lles gustou moito e que é moi sinxelo de facer en casa. 

   No seguinte video poderedes ver primeiro a explicación de cómo se elaboran e logo os nosos vermes!!