xoves, 29 de novembro de 2018

O XOGO DO KARAOKE

   Este xogo consiste en cantar cancións coñecidas como por exemplo as de Cantajuegos ou Miliki. Unha vez escollida a canción que queren, vémola na pizarra. Dámoslles un micrófono (rotulador) e saen a cantar, pero de vez en cando silenciamos a canción:


SACOS DE SONS

   Para este xogo primeiro facemos dous equipos e logo debuxamos dous sacos na pizarra. O obxetivo é que cada equipo encha o saco que lle toque con palabras que comecen por ese son. Nesta ocasión un saco tiña que ter palabras que comezaran polo son /s/ e outro polo /z/ e non valía repetir palabras.


PALLIÑAS, VASO E PAPELIÑOS

    Con un vaso, unha palliña e uns anacos de papel fixemos un xogo de sopro.
    Primeiro rompemos o papel en anacos pequenos e logo témolos que meter no vaso, sen collelos coa man, empregando a palla, para eso temos que aspirar por ela e o papel queda "pegado".


venres, 23 de novembro de 2018

SECUENCIAS TEMPORAIS

                           



   E tamén fixemos o xogo "Los vagones del tren" consistente en ordear unha serie de debuxos. Pinchade no seguinte enlace e a xogar!:


                           SECUENCIAS TEMPORAIS




Concurso de TV

  Có material "Abremente" (consistente en difetentes preguntas e respostas) representamos un concurso de televisión, no que hai unha presentadora cun micrófono e que fai as preguntas. No seu bolsillo leva uns puntos de cartolina que vai repartindo a medida que acertan as respostas (todos conseguen os mesmos puntos).

O conto "Chiriví"

  Esta actividade consiste en contarlles un conto e teñen que estar moi atentos porque unha vez rematado volveremos a contalo pero esta vez con erros.

venres, 16 de novembro de 2018

Quen é quen?

  Este xogo clásico adaptámolo para a PDI. Con el traballamos a atención, a lóxica e por suposto as descripcións.
  Xogan por parellas, un/unha colle unha foto e outro/a sae á pizarra para facer preguntas e adiviñar así qué foto ten o seu compañeiro/a, xirando @s personaxes que vaian quedando eliminadas:



Memori das rimas

   Con este material, consistente en varias parellas de palabras que riman, levamos a cabo dous xogos. O primeiro consistiu en xogar ó Memory atopando as parellas e aprendendo as rimas:

   E o segundo xogo consistiu en coller un debuxo (sen miralo) e decir unha palabra que rime có debuxo que nos tocou: