mércores, 9 de decembro de 2020

XOGOS DO NADAL

 Comezaremos traballando as praxias cun boneco de neve: 



  Logo poderedes realizar un xogo de memoria navideño da páxina Árbol ABC. Pulsade sobre a imaxe para xogar:



E por último aquí vos deixo unha divertida actividade interactiva da páxina Crisálida Ayl na que deberedes realizar diferentes probas. Pulsade sobre a imaxe para descargala:












mércores, 18 de novembro de 2020

SEMELLANZAS E DIFERENZAS


   Con esta actividade da páxina Orientación Andújar poderedes traballar non só o vocabulario dos debuxos que aparecen nela senón tamén o razoamento lóxico. Consiste en observar dous debuxos e decir en qué se parecen e en qué se diferencian por exemplo un can e un gato, unha mazá e unha laranxa... 

Pinchade sobre a imaxe e a xogar!

DISCRIMINACIÓN AUDITIVA



    Si pinchades sobre a imaxe poderedes realizar varias actividades de discriminación auditiva da páxina Contenidos Educativos Digitales.

luns, 15 de xuño de 2020

POMPEIROS CASEIROS

   E chegou a derradeira semana do curso, na que imos elaborar un xogo de sopro que no caso de ter clases presenciais levaríamos para casa.
   Nesta ocasión trátase de crear os nosos pompeiros caseiros, un xogo moi axeitado para o verán e que ós/ás pequenos/as vailles encantar. 
   Pódense facer de múltiples formas así que subirei 3 opcións para que elixades a que prefirades. As tres foron comprobadas e funcionan 😏.

   - A primeira consiste en elaborar os pompeiros con "limpapipas" ou na súa falta, arames:



- A segunda é moi doada, recortar a parte superior dunha botella de prástico, preferiblemente pequena, e mollala na mezcla de auga e xabón:



- E a terceira trátase de unir un grupo de canas para que deste xeito se formen múltiples pompas:


   
   Unha vez teñades feito o pompeiro tan só queda elaborar a mezcla de auga e xabón de lavavaixelas, cunha proporción de 3 partes de auga por unha de xabón...

...E A DESFRUTALO!!! 

BO VERÁN!!


luns, 8 de xuño de 2020

SEMANA DO 8 AO 12 DE XUÑO

   Si estivesemos a dar clases presenciais sería o alumnado o que escollería os xogos a realizar nesta semana. Así, en cada escola levaríanse a cabo os xogos que eles/elas escolleran, os seus favoritos de todos os desenvoltos ó longo do curso.
   
    Dado que esta opción non é posible, escollín 3 novos xogos:

- O primeiro atopámolo na páxina Orientación Andújar para traballar a atención e o razoamento indicando os intrusos. Deberemos observar cada fila de debuxos e decir cal deles sobra, é decir, cal non debería estar e porqué.


- O segundo consiste en descifrar unhas mensaxes ocultas, anotando a primeira sílaba de cada palabra, un recurso de Eugenia Romero da páxina Maestros de audición y lenguaje:


- E por último, xa que estamos a piques de comezar as vacacións, imos ir á praia para traballar a conciencia fonolóxica e silábica da man do blogue Crisálida-ayl:




luns, 1 de xuño de 2020

SEMANA DO 1 AO 5 DE XUÑO

   Nesta ocasión faremos catro actividades xa que son curtiñas. En primeiro lugar, unha actividade de relaxación de cuello e cara de Eugenia Romero:


   Seguiremos cun xogo moi doado á vez que entretido, similar ó Pictionary. Consiste en coller un debuxo, que tan só verá a persoa á que lle toque debuxar,  e comezar a debuxalo para que o resto de xogadores adiviñen qué é o que estamos a pintar. Podedes  realizalo con calquer debuxo que teñades, de animais ou de diferentes obxetos, ou mesmo debuxalos vós mesmos, senón podedes descargar os que colgo aquí:


   Outro xogo sinxelo é o "saquiño misterioso" có que traballaremos a percepción táctil. Para realizalo tan só deberemos meter nun saquiño, unha caixa ou calquer outro recipiente que non deixe ver o que contén, diversos obxetos pequenos que teñamos pola casa (por exemplo: unha pinza da roupa, unha goma de borrar, unhas figuriñas pequenas...). Unha vez teñamos uns cuantos obxetos recopilados é o momento de meter a man e, mediante o tacto, sin mirar, deberemos adiviñar de qué se trata.


   E por último, poderemos facer outra actividade interactiva do blogue Crisálida-ayl, nesta ocasión para traballar o vocabulario, a clasificación e memoria a través dos medios de transporte:




luns, 25 de maio de 2020

SEMANA DO 25 AO 29 DE MAIO

   Ó igual que nas semanas anteriores, nesta tamén realizaremos 3 actividades:

-  A primeira é un xogo que gusta moito, trátase do "conto chiriví". Consiste en que primeiro visualicen un conto corto, nesta ocasión escollín un con valores "El elefante Bernardo",  que podedes ver varias veces. Logo é o momento de escoitar o "conto chiriví" en PDF, é decir,  é o mesmo conto pero con "erros" no que se sustitúen algunhas palabras do conto por outras disparatadas para que eles/elas nos corrixan, estando as palabras incorrectas entre paréntesis.  Deste xeito, teñen que estar moi atentos e atentas para darse conta do que está mal e ir correxíndonos ó longo do conto. Desfrutádeo!



- En segundo lugar temos dúas actividades interactivas que atopamos no blogue Crisálida. Na primeira traballamos o campo semántico das froitas e verduras e nela podemos realizar diferentes actividades de vocabulario, de conciencia silábica (escollendo o número de sílabas de diferentes froitas), de lectura (escollendo ante 3 opcións cal é a palabra correcta da froita que se nos amosa), de rimas (seleccionando a palabra que rima coa froita que aparece en posición central) e de comprensión oral (na que temos que elexir o vexetal que corresponda ás pistas que escoitemos): 


  
   E nesta segunda, teremos que decubrir nomes de animais salvaxes escollendo a primeira letra de cada un dos debuxos que aparecen na lámina central:




-   Por último, déixovos o enlace a un xogo con fonemas que podedes atopar na páxina Contenidos educativos digitales:




luns, 18 de maio de 2020

SEMANA DO 18 AO 22 DE MAIO

   Unha semana máis realizaremos 3 xogos para traballar diferentes obxetivos. O primeiro, a discriminación auditiva, no que ante dous debuxos de palabras similares fonéticamente deberemos escoitar atentamente para escoller a palabra mencionada:


   O segundo é un memory online, da páxina Memo juegos, no que deberemos recordar donde se atopa cada debuxo e ir formando parellas: 


   E por último podemos realizar unha actividade interactiva do programa Comunicarnos na que aparecerá un debuxo e as grafías (letras) que conforman a palabra. Ditas letras están desordeadas polo que teremos que ir seleccionandoas unha a unha por orden para construir así a palabra. 







luns, 11 de maio de 2020

SEMANA DO 11 AO 15 DE MAIO

   Nesta semana comezaremos cunha actividade que gusta moito, unhas adiviñas coas que traballar o razoamento así coma o vocabulario de xeito divertido: 





   Continuaremos traballando a estructura morfosintáctica cós modelos de frases do programa comunicar-nos, emitindo frases que podedes facer con palmadas. é decir, sustituíndo os círculos por palmas á hora de decir cada palabra da mesma: 




   E remataremos cun xogo online que é un dos favoritos no CRA, o Pasapalabra junior de COKITOS, pinchade sobre a imaxe e a desfrutar pensando as solucións:






martes, 5 de maio de 2020

SEMANA DO 5 AO 8 DE MAIO

   Nesta semana, ó ser máis curta dado o festivo de onte, realizaremos dous xogos:


- O primeiro atopámolo no blogue Maestros de audición y lenguaje e está elaborado por Eugenia Romero có fin de traballar a conciencia fonolóxica e a discriminación auditiva dos fonemas B e D. Non o hai que imprimir, con visualizalo é suficiente. O xogo consiste en descubrir as mensaxes cifradas, é decir, hai unha palabra agochada que temos que adiviñar escribindo o son inicial de cada debuxo da parte superior.



 - E o segundo xogo son uns contos con pictogramas de Aprendices visuales e que deixo tanto en formato video coma en formato PDF. Primeiro podedes visualizar os videos e logo que sexan os/as pequenos/as os que vos conten o conto en PDF "lendo" os pictogramas. Este tipo de recurso é de gran valor para min xa que poden ser eles/elas os que vaian contando o conto con tan só fixarse nos pictogramas, mesmo os máis pequenos/as que aínda non saben ler, traballando así non só a atención senón tamén o vocabulario e a construción sintáctica, sendo polo tanto moi completos.







luns, 27 de abril de 2020

SEMANA DO 27 AO 1 DE MAIO

   Nesta semana presentamos outros tres xogos:


  • O primeiro é un sinxelo xogo para practicar o sopro. Consiste en soplar unhas pelotiñas para introducilas nunha "portería" ou pasalas por debaixo dunha ponte, conseguindo puntos cada vez que o logremos ou, sen puntos, soprando ata introducilas todas. 
           Como pelotas, no caso de non dispoñer delas, podedes facer boliñas de algodón, de papel, de papel de aluminio, pompóns...ou calquera outro material lixeiro. Ditas boliñas podemos metelas en vasos, nos rollos de papel hixiénico, facer pontes con prastilina ou,como na imaxe, empregar pezas de construción.


















  • O segundo ten como obxetivo traballar a atención, xa que é unha das bases da adquisición da linguaxe, neste caso cuns laberintos. Para elo deixo un material da páxina Orientación Andújar 

  • E por último, un xogo que lles encanta é o de levar a cabo dramatizacións ou role playing, é decir representar diferentes situacións da vida diaria como: facer a compra, ir ó dentista, levar a nosa mascota ó veterinario, ir á perruquería... cambiando o rol, é decir, primeiro fai un/unha de policía, por exemplo, e logo tócalle ó/á outro/a. 




luns, 20 de abril de 2020

SEMANA DO 20 AO 24 DE ABRIL


  • O primeiro xogo desta semana é de discriminación auditiva. Atópase no blogue "Burbuja de lenguaje" e consiste en escoitar un son producido polo noso corpo para logo escoller de dónde procede dito son, facendo click enriba do debuxo correspondente.



  • En segundo lugar poderemos facer un xogo similar ó Tabú. Consiste en coller un dos debuxos que podedes descargar no enlace e nomear palabras relacionadas có debuxo que vos tocou, pero sen poder decir dita palabra. Por exemplo: si vos toca "hospital" poderedes decir "médico", "edificio"...e así ata que a persoa coa que esteamos a xogar diga "hospital".  

                                     DESCARGAR TABÚ

  • E por último, do blogue "Siembra estrellas" poderemos realizar unhas actividades do programa Comunicar-nos, coas que traballar a conciencia silábica así como a articulación polo que subo as dos fonemas máis comunmente afectados. Con só facer a descarga xa o podedes levar a cabo dende a pantalla do ordenador, non as hai que imprimir. Nestas actividades atoparemos arriba á esquerda, un debuxo de mostra que comeza por exemplo polo sílaba "la", a nosa labor é atopar  de entre o resto dos debuxos da lámina, todos aqueles que comecen por "la" e o mesmo có resto das fichas, fixándonos por qué sílaba comeza o modelo. 





martes, 14 de abril de 2020

SEMANA DO 13 AO 19 DE ABRIL

     Nos programas de estimulación da linguaxe oral realizabamos dous ou tres xogos para traballar os diferentes compoñentes da linguaxe.
     Aínda que agora estamos na casa, a idea é ir colgando cada semana diferentes actividades para que poidades seguir potenciando a linguaxe dos/das pequenos/as. Procurarán ser en formato video ou PDF para que sexan máis doados de visualizar. (Os pdf non os tedes que imprimir necesariamente xa que igual con abrir o arquivo e velo na pantalla é suficiente).
   
     Así, estos son os xogos que deixo para esta semana:
  • Unhas poucas praxias a imitar para a movilidade lingual traballar:


  • Un xogo que levaba tempo na miña cabeza era o de facer as palabras encadeadas pero con imaxes para que lles resultase máis doado:



    Consta de varias láminas, do nº1 ao 6, nas que hai que comezar pola palabra que nos din (no caso da foto comezamos pola percha) e ir completando a secuencia (buscando neste caso a palabra que comece por "cha") ata nomear todos os debuxos. 
     Tamén vos deixo ás solucións por si as necesitades: 



  • E o terceiro xogo, da web Orientación Andújar, titúlase "jugamos a la cuarentena" polo que pareceume moi interesante para traballar a atención e o vocabulario estes días dende casa. 






venres, 3 de abril de 2020

PÁXINAS WEB

   Aquí vos deixo unha serie de recursos online con multitud de xogos educativos:




(No apartado de Educación Especial atoparedes xogos para traballar a discriminación auditiva, os fonemas, as secuencias temporais...)











ORIENTACIÓNS


   Para estimular a linguaxe podedes levar a cabo calquera das actividades que se foron colgando neste blogue, aínda que é certo que algunhas son máis sinxelas de realizar que outras.
    Por ese motivo achégovos algún material descargable para poder realizalos: 
                   - Construir marionetas cuns debuxos, que poden elaborar ou colorear os/as pequenos/as e logo pegalos en depresores, palliñas... para así poder inventar miles de contos diferentes, desde os clásicos de Carapuchiña e os tres porquiños ou novos contos improvisados:



                 - Cuns simples lotos pódense levar a cabo multitude de xogos como: coller un debuxo e dar pistas para adiviñar de qué se trata, falar por teléfono cun animal para adiviñar de cal se trata a través das pistas da conversa, formar unha frase con dous ou tres debuxos que collamos ou nomear un debuxo dando palmas, contando así as sílabas que o forman. 



- Outro xogo moi sinxelo é o de coller un loto e realizar xestos-accións para adiviñar de qué animal, instrumento musical, medio de transporte... se trata. Para realizalo podedes descargar este xogo de mímica de Eugenia Romero: 


             - O Pasapalabra online, que é un xogo que lles gusta moito e có que traballar vocabulario.
- E por suposto, todos os xogos de mesa que tendes na casa:
 Memories ou dominós



Puzles




venres, 13 de marzo de 2020

BOTELLAS COMELLONAS

   Transformamos catro botellas pegándolles uns ollos, facéndolles unha boca e colocándolles un número (do 1 ó 4). 
   Nun saquiño metimos varios debuxos de palabras monosílabas, bisílabas, trisílabas e tetrasílabas. Cada un/unha metía a man no saco e collía un debuxo, que tiña que nomear dando palmas e pensando así en qué botella meter o debuxo en función das sílabas que teñen. Por exemplo: mo-to (na botella 2), ca-ba-lo (na botella 3).



sábado, 7 de marzo de 2020

XOGO DE SOPRO: VERMES BAILÓNS

   Un dos xogos desta semana foi o de elaborar uns vermes bailóns que logo levamos para casa, un xogo moi sinxelo para practicar o sopro.
   Debuxámoslle ollos e puxémoslle o nome:


      E tan só faltaba comprobar que funcionara: 



   E por si queredes facelos na casa, aquí vos deixo un tutorial: 




sábado, 15 de febreiro de 2020

XOGO DO SÚPER NA PDI

   Esta semana estivemos a mercar diferentes produtos no supermercado (froitas e verduras, carnes, lácteos e sobremesas).
   O primeiro era escoller a lista da compra, con 3, 4, 5 ou 6 alimentos en función das idades. Logo tocaba recordar dita lista e metelo todo no carro.
   Deste xeito, ademáis de traballar vocabulario entrenamos a memoria: