sábado, 29 de outubro de 2022

Xogos de Samaín

Esta semana traballamos a conciencia fonolóxica e silábica cun xogo da páxina Crisálida A y L que está cheíño de monstruos. 

Podedes descargalo pinchando na imaxe: 





mércores, 12 de outubro de 2022

Ruletas Silábicas

Unha das actividades que fixemos esta semana foi unha da páxina Siembra estellas coa que traballar a conciencia silábica. 
Consiste en elexir as ruletas con imaxes, logo unha sílaba e xirar a ruleta. Finalmente hai que pensar outra palabra que comece pola mesma sílaba que a imaxe que nos saiu:

mércores, 5 de outubro de 2022

Xogo de asociacións


  Un xogo sinxelo, pero có que traballar non só o razoamento senón tamén o vocabulario e a expresión, foi éste no que tiñamos que meter a man nun saco e coller un debuxo. 
  Logo de observalo e decir qué era dito debuxo, tiñamos que pensar con qué lámina estaría relacionado, pegalo ao seu carón e explicar porqué o colocamos ahí.  




 

NOVO CURSO 2022-2023

Comezamos o curso realizando novos xogos cos que estimular a linguaxe oral.
O primeiro deles foi un xogo de sopro, dado que son dos que máis nos gustan e levabamos moito tempo sen poder realizalos. 
A uns vasos de iogur cortóuselles unha "porta", pintáronse de negro e pegáronselles números. Logo collimos un dado grande e unha pelota. 
Pois ben, o xogo foi moi sinxelo, tiñamos que tirar o dado e meter a pelota no número que saíra no dado, pero non coa man, soprando!!!