Para traballar a conciencia silábica, así como o vocabulario, levamos a cabo esta actividade da páxina Siembra estrellas. Pinchade na imaxe para descargala:
domingo, 24 de abril de 2022
E nesta semana:
martes, 5 de abril de 2022
Atopa os erros
Con esta actividade Genially da páxina Siembra Estrellas divertímonos atopando os erros das imaxes e decindo porqué están mal:
Palabras compostas
Da páxina Siembra estrellas levamos a cabo esta actividade na que temos que descompoñer palabras compostas nas dúas que a forman. Pinchade na imaxe para descargala:
Xogo similar ao "Brainbox"
Outro xogo que levamos a cabo para traballar a memoria e atención foi éste no que primeiro tiñamos que visualizar unha imaxe. Fixarnos moi ben en todos os detalles. Logo tirabamos un dado e tocaba respostar á pregunta correspondente ó número que saíse no dado.
Pulsade na imaxe para descargalo:
Ruleta da linguaxe
Na páxina de Arasaac atopamos esta activade consistente en xirar a ruleta premendo no botón vermello e levar a cabo a acción que nos indique (facer unha rima, unha frase, unha historia corta...) có debuxo que nos apareza na parte esquerda:
sábado, 12 de febreiro de 2022
Novas actividades dos talleres de linguaxe
No blog Crisálida AyL atopamos unha nova actividade para traballar a conciencia fonolóxica así coma o vocabulario das prendas de roupa. Pinchade na imaxe para descargala:
sábado, 29 de xaneiro de 2022
Nesta semana...
Levamos a cabo dous xogos. O primeiro para desenvolver a pragmática, no que logo de estar moi atentos/as escoitando un conto inventado era o momento de representalo empregando as marionetas:
sábado, 22 de xaneiro de 2022
Nova actividade Genially
Unha das actividades realizadas esta semana nos talleres de estimulación foi "el caso de los plátanos escondidos" do blog El lenguaje de las estrellas: