Amosando publicacións coa etiqueta biblioteca. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta biblioteca. Amosar todas as publicacións

venres, 25 de xaneiro de 2019

TEATRO DE CARTÓN

   Cunha caixa de cartón, que recortamos e pintamos, elaboramos un teatro e cuns depresores de cores montamos as marionetas que farán de personaxes. Como temos moitas, cada vez que actuemos poderemos escoller outras que non usaramos para inventar moitos contos diferentes.







mércores, 26 de decembro de 2018

MARIONETAS

   Nos días previos ó nadal representamos un conto con marionetas.
   Primeiro inventámolo e logo repartimos as marionetas para representalo.
   Nel, Carapuchiña quería unha bicicleta pero como sempre se portaba mal a súa avoa nunca lla pedía a Papanoel. Enfadada foi falar coa súa amiga a bruxa para pedirlle unha poción e así Papanoel non puidese voar e repartir regalos ós demais nenos. Pero o lobo (que era a mascota da bruxa) escoitou o plan de Carapuchiña e foi a avisar a Papanoel. Cando Carapuchiña lle levou a poción (nunha Cocacola) éste tropezou e caeulle, así que puido repartir os regalos. Cando rematou foi falar con Carapuchiña e fixeron o trato de que si se portaba ben levaríalle a bici.





venres, 26 de outubro de 2018

Xogo de Pipo magnético

   Para festexar o samaín inventamos un conto có xogo magnético de Pipo.
   O alcalde de Pipolandia (a vila de Pipo e da súa irmá Cuca) decidiu facer unha festa de disfraces no Samaín, así que vai ir casa por casa falando cós diferentes habitantes para ver si van a ir á festa e de qué se van a disfrazar, xa que unha das normas é que está prohibido repetir disfraz.