Nos días previos ó nadal representamos un conto con marionetas.
Primeiro inventámolo e logo repartimos as marionetas para representalo.
Nel, Carapuchiña quería unha bicicleta pero como sempre se portaba mal a súa avoa nunca lla pedía a Papanoel. Enfadada foi falar coa súa amiga a bruxa para pedirlle unha poción e así Papanoel non puidese voar e repartir regalos ós demais nenos. Pero o lobo (que era a mascota da bruxa) escoitou o plan de Carapuchiña e foi a avisar a Papanoel. Cando Carapuchiña lle levou a poción (nunha Cocacola) éste tropezou e caeulle, así que puido repartir os regalos. Cando rematou foi falar con Carapuchiña e fixeron o trato de que si se portaba ben levaríalle a bici.
Ningún comentario:
Publicar un comentario