mércores, 26 de decembro de 2018

PIPAS DE SOPRO

   E COMO AGASALLO DE NADAL ELABORAMOS AS NOSAS PROPIAS PIPAS DE SOPRO:


PRAXIAS DE NADAL

   Tamén fixemos praxias navideñas na PDI con este video:


GALLETAS A PAPANOEL

   Outro xogo de nadal foi o de darlle de comer galletas a Papanoel.
   Cuns pompóns e unha palliñas tiñamos que soprar para darlle as nosas galletas.



MARIONETAS

   Nos días previos ó nadal representamos un conto con marionetas.
   Primeiro inventámolo e logo repartimos as marionetas para representalo.
   Nel, Carapuchiña quería unha bicicleta pero como sempre se portaba mal a súa avoa nunca lla pedía a Papanoel. Enfadada foi falar coa súa amiga a bruxa para pedirlle unha poción e así Papanoel non puidese voar e repartir regalos ós demais nenos. Pero o lobo (que era a mascota da bruxa) escoitou o plan de Carapuchiña e foi a avisar a Papanoel. Cando Carapuchiña lle levou a poción (nunha Cocacola) éste tropezou e caeulle, así que puido repartir os regalos. Cando rematou foi falar con Carapuchiña e fixeron o trato de que si se portaba ben levaríalle a bici.





xoves, 29 de novembro de 2018

O XOGO DO KARAOKE

   Este xogo consiste en cantar cancións coñecidas como por exemplo as de Cantajuegos ou Miliki. Unha vez escollida a canción que queren, vémola na pizarra. Dámoslles un micrófono (rotulador) e saen a cantar, pero de vez en cando silenciamos a canción:


SACOS DE SONS

   Para este xogo primeiro facemos dous equipos e logo debuxamos dous sacos na pizarra. O obxetivo é que cada equipo encha o saco que lle toque con palabras que comecen por ese son. Nesta ocasión un saco tiña que ter palabras que comezaran polo son /s/ e outro polo /z/ e non valía repetir palabras.


PALLIÑAS, VASO E PAPELIÑOS

    Con un vaso, unha palliña e uns anacos de papel fixemos un xogo de sopro.
    Primeiro rompemos o papel en anacos pequenos e logo témolos que meter no vaso, sen collelos coa man, empregando a palla, para eso temos que aspirar por ela e o papel queda "pegado".


venres, 23 de novembro de 2018

SECUENCIAS TEMPORAIS

                           



   E tamén fixemos o xogo "Los vagones del tren" consistente en ordear unha serie de debuxos. Pinchade no seguinte enlace e a xogar!:


                           SECUENCIAS TEMPORAIS




Concurso de TV

  Có material "Abremente" (consistente en difetentes preguntas e respostas) representamos un concurso de televisión, no que hai unha presentadora cun micrófono e que fai as preguntas. No seu bolsillo leva uns puntos de cartolina que vai repartindo a medida que acertan as respostas (todos conseguen os mesmos puntos).

O conto "Chiriví"

  Esta actividade consiste en contarlles un conto e teñen que estar moi atentos porque unha vez rematado volveremos a contalo pero esta vez con erros.

venres, 16 de novembro de 2018

Quen é quen?

  Este xogo clásico adaptámolo para a PDI. Con el traballamos a atención, a lóxica e por suposto as descripcións.
  Xogan por parellas, un/unha colle unha foto e outro/a sae á pizarra para facer preguntas e adiviñar así qué foto ten o seu compañeiro/a, xirando @s personaxes que vaian quedando eliminadas:



Memori das rimas

   Con este material, consistente en varias parellas de palabras que riman, levamos a cabo dous xogos. O primeiro consistiu en xogar ó Memory atopando as parellas e aprendendo as rimas:

   E o segundo xogo consistiu en coller un debuxo (sen miralo) e decir unha palabra que rime có debuxo que nos tocou:

venres, 26 de outubro de 2018

ADIVIÑAS DO SAMAÍN

  E seguindo có Samaín, xogamos ás adiviñas para ver cánto sabemos!!!






Xogo de Pipo magnético

   Para festexar o samaín inventamos un conto có xogo magnético de Pipo.
   O alcalde de Pipolandia (a vila de Pipo e da súa irmá Cuca) decidiu facer unha festa de disfraces no Samaín, así que vai ir casa por casa falando cós diferentes habitantes para ver si van a ir á festa e de qué se van a disfrazar, xa que unha das normas é que está prohibido repetir disfraz.






xoves, 18 de outubro de 2018

XOGO DE "WINNIE THE POOH"

  Con este xogo trabállase a atención. Consiste en poñerlles diante unha serie de debuxos. Deben fixarse neles moi ben porque, cando miren para a parede e logo volvan a mirar para a mesa, un de eses debuxos cambiou, tocando có dedo no debuxo que é diferente.



XOGO DE CONCIENCIA FONOLÓXICA

   Cunhas pás matamoscas e uns debuxos podemos facer un xogo moi divertido para traballar a conciencia fonolóxica.
   Colocamos os debuxos sobre unha mesa e repartimos as pás. Unha vez colocados ao redor da mesa teñen que atopar un debuxo que comece por ___.




XOGO DE CAMPOS SEMÁNTICOS

   Con varias tarxetas de diferentes campos semánticos (medios de transporte, froitas, animais da granxa, profesións, instrumentos musicais...) que conteñen unha lista de 6 peticións, debemos tirar o dado e, según o número que saia, sabemos o que temos que decir:




xoves, 11 de outubro de 2018

POMPAS

   Un xogo de sopro, tan divertido como complicado, é o de intentar meter as pompas de xabón nun círculo debuxado na pizarra. 



Xogo de Mímica

   Neste xogo dispoñemos de varias tarxetas nas que hai debuxos de animais, obxetos, instrumentos musicais, medios de transporte...
   Sae alguén a coller unha tarxeta e mediante mímica o resto ten que adiviñar de qué se trata. Quen o adiviñe sae a facer os xestos.



Xogo có "Enséñame a hablar"

   Este xogo consiste en colocar varias láminas do "Enséñame a hablar" (nas que se describen accións) boca abaixo.
   Un/unha neno/a sae a coller unha lámina  e debe decir cada palabra da frase nun aro. Aínda que o que menos importa é esto último, que digan cada palabra nun aro, senón que constrúan a frase.



xoves, 4 de outubro de 2018

XOGO DE FALAR POR TELÉFONO

  Cun teléfono de xoguete e varias tarxetas con debuxos de profesións, conseguimos un xogo que lles encanta.
  Consiste en coller unha tarxeta e falar con ese personaxe, dando pistas pero sin decir quen é. O nen@ que o adiviñe consegue o teléfono e sairá a facer unha nova chamada.











BINGO DE ANIMAIS

   Un xogo completo para traballar tanto a atención coma o vocabulario son os bingos. Nesta ocasión xogamos cun de animais:
 




Discriminación auditiva: sons do fogar


  Có visionado deste video primeiro tiñamos que escoitar un son e logo pensar qué obxeto da nosa casa o producía.

martes, 2 de outubro de 2018

PRAXIAS DIVERTIDAS


  E como non, tamén imitamos praxias na PDI para favorecer a movilidade dos órganos bucofonatorios e con eles á articulación.

DA HABANA VEN...

   Outro xogo para traballar o vocabulario consiste en colocalos sentados en corro.
   Collemos un peluche ó que lle preguntamos de qué temos que falar (animais da granxa, froitas, profesións...) e unha vez que o sepamos ímos pasándo o peluche dun neno a outro á vez que nombramos unha palabra do campo semántico que nos pedira o peluche.
   Pero hai unha norma: non se pode repetir a palabra que xa dixera un compañeir@. Se repetimos, tócase a campá e cambiamos de tema.


O XOGO DO REI

 Con este xogo traballamos a memoria e o seguimento de instrucións, sendo axeitado para nen@s con déficit de atención.
 Primiero elaboramos unha coroa cun folio de cor e chamamos a alguén para coroalo e que sexa o rei ou a raíña.
  Chamará a alguén ó que lle enumerará 3 ou 4 peticións. Se as realiza todas correctamente consegue a coroa e temos novo rei ou raíña.



XOGO DAS PISTAS

 Este é un xogo sinxelo para traballar o vocabulario.
 Consiste en coller un loto e dar pistas para que adiviñen de qué se trata. Quen o adiviñe sae a dar as pistas ós seus compañeiros/as.


XOGO DO SÚPER

  Un xogo que lles gusta moito é o de ir ó supermercado. Con este xogo traballamos a memoria e a atención xa que consiste en ir amosándolles diferentes lotos de obxetos que queremos mercar e ir colocándoos boca abaixo pola aula.
  Deste xeito, irán saíndo de un en un e irémoslles pedindo que vaian a mercar un obxeto determinado, polo que teñen que recordar dónde se atopaba:



CAMIÑO DE PLASTILINA



  Éste é un xogo de sopro no que primeiro facemos "churros" con plastilina para logo construir con eles unha "estrada".
  Mediante o sopro temos que conducir a pelota hasta o final do camiño sen que caiga por fóra.