venres, 24 de marzo de 2023

Memoria auditiva

 Un dos xogos desta semana foi este Genially da páxina Siembra Estrellas co que traballamos a memoria auditiva. En primeiro lugar tiñamos que escoitar 3 palabras, logo repetilas e por último colocar os seus debuxos en orden.  


venres, 17 de marzo de 2023

Novo taller

   Nesta ocasión comezamos imitando praxias con Bori: 

  Seguidamente xogamos cun material novo "Adivina quien soy" de Cefa Toys. Con este xogo tiñamos que ir escoitando unha pista tras outra ata conseguir adiviñar de qué personaxe, obxeto ou animal se trataba: 




   

domingo, 12 de marzo de 2023

Xogos de sopro

 Nestas últimas sesións estivemos a facer algúns xogos de sopro que gustaron moito e que non son tan doados como parecen.

  O primeiro consistía en meter varios papeliños dentro dun vaso succionándoos cunha palliña:



O seguinte foi encestar pompóns dentro dos vasos que estaban diante: