Nesta semana realizamos varios xogos de Nadal, ademais de praxias e adiviñas, pasámolo xenial con estas actividades interactivas do blog Crisálida A y L. Pinchade nas imaxes para descargalas:
venres, 17 de decembro de 2021
sábado, 11 de decembro de 2021
NOVA ACTIVIDADE COA RULETA
xoves, 2 de decembro de 2021
Aventura pirata
Para continuar traballando a conciencia fonolóxica, esta semana estamos a realizar esta actividade interactiva do blogue Crisálida AyL. Nela haberá que ir superando as diferentes probas para atopar o tesouro.
martes, 2 de novembro de 2021
ACTIVIDADE PROBA TELEMÁTICA
mércores, 27 de outubro de 2021
ACTIVIDADE INTERACTIVA DO SAMAÍN
No blog Crisálida A y L atopamos esta actividade coa temática do Samaín na que poderemos traballar a conciencia fonolóxica:
mércores, 6 de outubro de 2021
PRIMEIRAS ACTIVIDADES
Neste curso 2021-22 retomamos os talleres de estimulación da linguaxe oral en cada unha das escolas do CRA. Neles realizaremos diferentes actividades lúdicas e motivadoras coas que favorecer a correcta adquisición dos compoñentes da linguaxe.
Comezamos cunha actividade para traballar a atención que atopamos no blog Audición y Lenguaje is coming:
sábado, 19 de xuño de 2021
XOGOS PARA O VERÁN
No blogue Crisálida A y L atopamos unha actividade interactiva coa que traballar o vocabulario do verán. Pinchade sobre o enlace para descargala:
mércores, 26 de maio de 2021
PASAPALABRA CONCIENCIA FONOLÓXICA
xoves, 13 de maio de 2021
TRIVIAL DE AUDICIÓN E LINGUAXE
mércores, 28 de abril de 2021
PARA QUE SIRVE?
Con esta actividade, elaborada por Belinda Haro e que podedes atopar no blogue "Siembra estrellas", poderedes traballar o razoamento: primeiro seleccionando para qué sirven os obxetos amosados de entre 4 opcións e seguidamente engadindo outro obxeto que sirva para o mesmo que os anteriores.
MEMORIA AUDITIVA
Nesta actividade atopada no blogue "Siembra estrellas" teremos que escoitar 3 palabras para logo seleccionar os debuxos das palabras escoitadas de entre 4 opcións que se nos amosan. Hai que estar moi atento e recordalas:
martes, 16 de marzo de 2021
Atención e memoria
mércores, 10 de marzo de 2021
ATOPA A PALABRA SECRETA
PALABRAS ENCADEADAS
xoves, 11 de febreiro de 2021
Xogo de entroido
No blogue "Burbuja de lenguaje" atopamos este xogo con temática do entroido e que consta de 6 minixogos.
domingo, 31 de xaneiro de 2021
ACTIVIDADE INTERACTIVA
Con esta actividade interactiva do blogue Crisalida_ayl poderedes traballar a comprensión.
ACTIVIDADE DE CONCIENCIA FONOLÓXICA
Aquí vos deixo unha actividade para traballar a conciencia fonolóxica da páxina Orientación Andújar. Consiste en elexir de entre os 3 debuxos inferiores cal comeza polo mismo son que o debuxo central que serve de modelo.
Ruleta para formar frases
No blogue Siembra estrellas atopamos esta actividade coa que poderemos formar frases variadas. Logo de descargala iremos pulsando os botóns vermellos para que xiren e paren de xirar e así ir creando as oracións cos debuxos que saian elexidos en cada ruleta, habendo un suxeto (personaxe), un verbo (acción) e un complemento.
sábado, 16 de xaneiro de 2021
ACTIVIDADE INTERACTIVA
No blogue "Audición y lenguaje is coming" atópase esta actividade interactiva coa que traballar a discriminación S-Z: