sábado, 28 de xaneiro de 2023

Día da paz

  Con motivo do día da paz realizamos esta actividade, do blog Crisálida AyL, que nos permitiu traballar a conciencia fonolóxica, semántica así como o razoamento coa temática da paz.

  Pinchade sobre a imaxe para descargala:


  Rematada ésta, levamos a cabo un xogo para traballar a atención consistente en colocar no chan unha serie de tarxetas con animales mariños de cores variadas. Así, tiñamos que tirar os dados de formas ou de cores e ver quen atopaba por exemplo unha tarxeta con unha tartaruga, un peixe e un tiburón.
 





venres, 13 de xaneiro de 2023

Novos xogos á volta do Nadal

  Comezamos o mes de xaneiro "cociñando" varias receitas duns cociñeiros tolos que non sabían dónde tiñan os ingredientes necesarios para elaboralas. Deste xeito traballamos a atención así como o vocabulario dos alimentos. 
  Por equipos había que axudar a atopar os ingredientes de cada cociñeiro. Unha vez  os conseguíramos todos, tocaba metelos no forno e xa tiñamos o prato preparado para degustar. 



   Seguidamente traballamos a morfosintaxe cun matreial que lles gustou moito. Tiñamos que xirar a ruleta e coller tantas tarxetas como nos indicase. Logo tocaba colocalas na orde que quixeramos e inventar un pequeno conto con todas elas.