Nesta ocasión trátase de crear os nosos pompeiros caseiros, un xogo moi axeitado para o verán e que ós/ás pequenos/as vailles encantar.
Pódense facer de múltiples formas así que subirei 3 opcións para que elixades a que prefirades. As tres foron comprobadas e funcionan 😏.
- A primeira consiste en elaborar os pompeiros con "limpapipas" ou na súa falta, arames:
- A segunda é moi doada, recortar a parte superior dunha botella de prástico, preferiblemente pequena, e mollala na mezcla de auga e xabón:
- E a terceira trátase de unir un grupo de canas para que deste xeito se formen múltiples pompas:
Unha vez teñades feito o pompeiro tan só queda elaborar a mezcla de auga e xabón de lavavaixelas, cunha proporción de 3 partes de auga por unha de xabón...
...E A DESFRUTALO!!!
BO VERÁN!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario