Seguiremos cun xogo moi doado á vez que entretido, similar ó Pictionary. Consiste en coller un debuxo, que tan só verá a persoa á que lle toque debuxar, e comezar a debuxalo para que o resto de xogadores adiviñen qué é o que estamos a pintar. Podedes realizalo con calquer debuxo que teñades, de animais ou de diferentes obxetos, ou mesmo debuxalos vós mesmos, senón podedes descargar os que colgo aquí:
Outro xogo sinxelo é o "saquiño misterioso" có que traballaremos a percepción táctil. Para realizalo tan só deberemos meter nun saquiño, unha caixa ou calquer outro recipiente que non deixe ver o que contén, diversos obxetos pequenos que teñamos pola casa (por exemplo: unha pinza da roupa, unha goma de borrar, unhas figuriñas pequenas...). Unha vez teñamos uns cuantos obxetos recopilados é o momento de meter a man e, mediante o tacto, sin mirar, deberemos adiviñar de qué se trata.
E por último, poderemos facer outra actividade interactiva do blogue Crisálida-ayl, nesta ocasión para traballar o vocabulario, a clasificación e memoria a través dos medios de transporte:
Ningún comentario:
Publicar un comentario