Aínda que agora estamos na casa, a idea é ir colgando cada semana diferentes actividades para que poidades seguir potenciando a linguaxe dos/das pequenos/as. Procurarán ser en formato video ou PDF para que sexan máis doados de visualizar. (Os pdf non os tedes que imprimir necesariamente xa que igual con abrir o arquivo e velo na pantalla é suficiente).
Así, estos son os xogos que deixo para esta semana:
- Unhas poucas praxias a imitar para a movilidade lingual traballar:
- Un xogo que levaba tempo na miña cabeza era o de facer as palabras encadeadas pero con imaxes para que lles resultase máis doado:
Consta de varias láminas, do nº1 ao 6, nas que hai que comezar pola palabra que nos din (no caso da foto comezamos pola percha) e ir completando a secuencia (buscando neste caso a palabra que comece por "cha") ata nomear todos os debuxos.
Tamén vos deixo ás solucións por si as necesitades:
- E o terceiro xogo, da web Orientación Andújar, titúlase "jugamos a la cuarentena" polo que pareceume moi interesante para traballar a atención e o vocabulario estes días dende casa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario