martes, 5 de abril de 2022

Ruleta da linguaxe

 Na páxina de Arasaac atopamos esta activade consistente en xirar a ruleta premendo no botón vermello e levar a cabo a acción que nos indique (facer unha rima, unha frase, unha historia corta...) có debuxo que nos apareza na parte esquerda: 




sábado, 12 de febreiro de 2022

Novas actividades dos talleres de linguaxe

    No blog Crisálida AyL atopamos unha nova actividade para traballar a conciencia fonolóxica así coma o vocabulario das prendas de roupa. Pinchade na imaxe para descargala:


   E para traballar as contrucións morfosintácticas levamos a cabo esta actividade do blog Siembra estrellas e que poderedes descargar pinchando na imaxe:





sábado, 29 de xaneiro de 2022

Nesta semana...

   Levamos a cabo dous xogos. O primeiro para desenvolver a pragmática, no que logo de estar moi atentos/as escoitando un conto inventado era o momento de representalo empregando as marionetas:  

                                           


  Tamén nos deu tempo a traballar a atención cun xogo similar ao Lince, no que tiñamos que atopar no taboleiro os debuxos que iamos sacando dun saquiño: