No taller de xordeira explicamos cómo funciona o oído para logo mencionar diferentes axudas que se
poden empregar como o audífono e o implante coclear. Para poñernos no lugar
dunha persoa xorda visionamos un conto sen son e cómo, deste xeito, non entendemos
nada, falamos dos subtítulos e da lingua de signos como axudas. Comprobamos
cómo poden percibir as vibracións dos sons mediante o tacto empregando o móvil
no que puxemos unha canción e percibimos o movemento nos altavoces. E
aprendimos varios aspectos da súa vida diaria como espertadores con luz ou
sistemas para os timbres.
Coñecimos o sistema
dactilolóxico que empregan para os nomes e para rematar vimos varios videos en
lingua de signos para aprender a nomear animais, froitas, medios de transporte:
Ningún comentario:
Publicar un comentario