Comezamos este taller visualizando un video para coñecer os dous sons da letra R e a súa discriminación:
Logo realizamos o xogo do monstruo come-letras, da páxina Orientación Andújar. Unha vez presentados os dous monstruos, un do /r/ suave e outro do /r/ forte, soupemos que tiñan moita fame e había que darlles de comer. A súa comida eran unhas galletas con variados debuxos que contiñan os sons /r/ ou /rr/. Despois de meter a man nun saco e coller unha galleta tocaba pensar a qué monstruo lle dabamos a que nos tocou.
Ningún comentario:
Publicar un comentario