domingo, 16 de abril de 2023

Últimas actividades dos talleres


Un dos xogos que levamos a cabo para traballar o razoamento foi o Conectados, de Bizak, consistente en coller duas tarxetas (unha azul e outra vermella) e pensar qué debuxo da tarxeta vermella está relacionado con algún debuxo da tarxeta azul. 
Tamén realizamos unha nova actividade para a ruleta coa que traballar a conciencia fonolóxica e maila articulación de dous fonemas, nesta ocasión o /t/ e mailo /k/. Primeiro había que xirar a ruleta e pensar o son polo que comezaba o debuxo que nos tocou. Logo tiñamos que colocar dito debuxo na pecera correspondente.



Ningún comentario:

Publicar un comentario